mércores, 10 dec 2014
Cada panel informativo, ubicados en puntos estratéxicos da cidade, ofrecerá información a tempo real indicando a duración estimada e a fluidez do tráfico en tres rutas. O goberno de Vigo informará sobre posibles obras, accidentes ou manifestacións que poidan afectar á circulación. Vigo será a primeira urbe española en proporcionar tal grado de información do tráfico en tempo real, segundo salientou o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Carlos Font.
mércores, 10 dec 2014
O Concello de Vigo colabora co Festival de curtametraxes, animación e documental "Consecuencias", que se celebra no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), onde se exhibirán algúns dos traballos máis relevantes realizados en España entre 2013 e 2014. Entre as seleccionadas pola organización están Casitas, de Javier Marco; Deil, de David Rodríguez Muñiz e El hombre de Chernóbil, de Pedro Terrero.
mércores, 10 dec 2014
O servizo de Normalización Lingüísticaprograma hoxe mércores ás 20 horas, unha charla sobre o Rexurdimento Literario no Local da Asociación veciñal do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo)<br />
a cargo de Xurxo Martínez González<br />
<br />