Caballero recibe en Madrid o Primeiro Premio de Boas Prácticas en Drogodependencias
Abel Caballero ratificou a aposta de Vigo pola prevención durante a recepción hoxe en Madrid do Primeiro Premio de Boas Prácticas en Drogodependencias, na que supón a primeira vez que o Concello recibe este galardón. A Delegación do Goberno para o Plan sobre Drogas e a FEMP concederon esta distinción a Vigo en "recoñecemento a unha das políticas sociais máis importantes para o Concello".
A Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas e a FEMP concederon ao Concello de Vigo esta distinción "pola nosa acción na prevención, polos nosos mecanismos e plans de prevención", explicou o alcalde nesta mañá de mércores durante a recepción do galardón. O alcalde, que foi o encargado de intervir en representación de todos os galardoados, reiterou a aposta do goberno local por manter o Plan Local de Drogodependencias e outras adiccións (PLDA) que nestes momentos está na súa terceira edición, correspondente ao periodo 2011-2016.
Durante o acto de entrega -no que tamén estivo presente a tenente de alcalde, Carmela Silva- explicou que o obxectivo do goberno local é que este plan abarque a toda a poboación, con especial énfase nos colectivos en situación de maior risco. Trabállase na prevención, entre outros, subliñou, a través do deporte, das charlas nos centros educativos, en colaboración con organizacións sociais especializadas. Tal e como explicou, ademais desta política de prevención, o Concello é o que financia prácticamente en exclusiva CEDRO, a Unidade Asistencial de Drogodependencias, sen ter competencias en materia sanitaria. Tamén se referiu a programas de reinserción como o de coidadores de barrio. Este premio é, polo tanto, "un recoñecemento a unha das políticas sociais máis importantes para o Concello".
O Plan Local de Drogodependencias artículase desde o Concello, en colaboración con distintos colectivos socias como Érguete ou Alborada, con tres niveis de intervención: prevención universal, prevención selectiva -para poboación en situación de vulnerabilidade- e prevención indicada -persoas que están sometidas a situacións alto risco coas drogas. Tamén se determinan varios ámbitos de actuación: escolar, familiar, xuvenil, laboral e comunitario.
Caballero lembrou no seu relatorio que cando se fixo o primeiro Plan Nacional de Drogas, el formaba parte do Consello do Ministros que o aprobou a proposta do por aquel entón ministro de Sanidade, Ernest Lluch. Este galardón súmase ao xa recibido polo Concello de Vigo no ano 2013, outro premio nacional de boas prácticas, nesta ocasión, polas accións en favor da sensibilización contra a violencia de xénero.
Descargar todas as imaxes