venres, 12 decembro 2014

O Concello adica 300.000 euros a obras de accesibilidade en 21 colexios de Vigo

venres, 12 dec 2014

O goberno local, tal e como informou este venres Abel Caballero, investirá 300.000 euros en obras de accesibilidade en 21 centros públicos da cidade. A Xunta de Goberno Local tamén adxudicou o suministro de mobiliario para o parque de Bombeiros de Teis por 100.000 euros, parte da reforma integral da instalación, orzamentada en 1,3 millóns de euros.

BANDO DE OBRAS NADAL 2014

venres, 12 dec 2014

Co fin de facilitar a mobilidade en xeral no centro da cidade, debido á maior afluencia de persoas e vehículos, co gallo das festas do Nadal, compre o establecemento de medidas provisorias na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas: Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Avda. Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Avda. Arquitecto Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroën, circunvalación Oeste ata Bouzas, establécense as seguintes restriccións: