O goberno local adica 40.000 euros ao fomento, difusión e coñecemento da ópera na cidade
O alcalde rubricou este xoves un convenio de colaboración con Amigos da Ópera polo que o Concello achega a citada cantidade para o fomento, difusión e coñecemento da ópera e da cultura musical. A entidade organizará concertos e o alumnado dos conservatorios e escolas de música de Vigo poderán acceder de balde, segundo recolle o acordo asinado.