"CONSECUENCIAS" festival de curtametraxes, animación e documental
O Concello de Vigo colabora co Festival de curtametraxes, animación e documental "Consecuencias", que se celebra no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), onde se exhibirán algúns dos traballos máis relevantes realizados en España entre 2013 e 2014. Entre as seleccionadas pola organización están Casitas, de Javier Marco; Deil, de David Rodríguez Muñiz e El hombre de Chernóbil, de Pedro Terrero.
Ademais das proxeccións, o festival oferta dúas propostas paralelas: unha videoinstalación do artista vigués Tayone durante os tres días; e unha representación da obra "O anel máxico" a cargo do grupo teatral Agarimo, na clausura o sábado día 13.
Horarios: Días 11 e 12 de decembro: 19 h – Día 13 de decembro: 18h
Prezo: 1 € no despacho de billetes do auditorio dende as 17:30 h
Descargar todas as imaxes
Horarios: Días 11 e 12 de decembro: 19 h – Día 13 de decembro: 18h
Prezo: 1 € no despacho de billetes do auditorio dende as 17:30 h