Escoitar

O Concello adica 300.000 euros a obras de accesibilidade en 21 colexios de Vigo

O goberno local, tal e como informou este venres Abel Caballero, investirá 300.000 euros en obras de accesibilidade en 21 centros públicos da cidade. A Xunta de Goberno Local tamén adxudicou o suministro de mobiliario para o parque de Bombeiros de Teis por 100.000 euros, parte da reforma integral da instalación, orzamentada en 1,3 millóns de euros.

venres, 12 dec 2014
Abel Caballero explicou que o goberno que preside aprobou na mañá deste venres o plan de seguridade e saúde para a contratación de obras de accesibilidade nos colexios públicos. Cun orzamento de 300.000 euros e un prazo de execución de dous a tres meses, acometeránse traballos para eliminar as barreiras arquitectónicas existentes.

Mediante este contrato, a administración local substuirá escaleiras por rampas, colacará barandas e pasamáns nas mesmas, construirá novos aseos adaptados para discapacitados e, naqueles sitios donde sexa preciso, acometerá unha nova canalizacion de cunetas existentes para poder encaixar as rampas de nova execución, ao tempo que se colocarán novos dispositivos de drenaxe, alí onde se poida acumular auga pluvial.

Concretamente, realizaránse obras nos seguintes centros: Illas Cíes, A Doblada, Parroco don Camilo, Carrasqueira, Pardo Bazán, Otero Pedraio, Lope de Vega, Santa Tegra (Teis), Frián, Sobreira, Igrexa valladares, García Barbón, Balaídos, Coutadas (Beade), Chans (Bembrive), Santa Marina, Ría de Vigo, Mestres Goldar, Eduardo Pondal, Sello e, por último, Sárdoma Moledo.

Bombeiros
O alcalde de Vigo tamén deu conta da adxudicación do procedemento aberto para a contratación do subministro de mobiliario para o Parque Central de Teis do Servizo de Bombeiros, por un importe de 100.000 euros. Caballero recordou que o goberno local ten orzamentado en 1,3 millóns de euros a reforma integral desta instalación.