O goberno de Vigo inicia o procedemento de expropiación dos terreos para a Cidade da Xustiza
Segundo explicou hoxe venres o alcalde, o goberno local acordou iniciar o procedemento administrativo para expropiar sobre 4.500 metros cadrados para edificar a futura Cidade da Xustiza viguesa, nuns terreos próximos ás actuais dotacións xudiciais. Caballero manifestou que a operación non terá coste patrimonial para o Concello.
O ámbito obxecto de expropiación presenta unha superficie total de 5.932 metros cadrados, dos que sobre 1.500 xa son de propiedade municipal, explicou Caballero despois da Xerencia de Urbanismo celebrada este venres. A operación de expropiación, afondou o primeiro edil, non suporá unha perda de patrimonio para o Concello xa que o desenvolvemento urbanístico do ámbito conlevará o pago do curte dos terreos.
A Xerencia de Urbanismo deu conta asemade da concesión de 9 licenzas de obra e 7 máis de actividade para un investimento total superior aos 1,1 millóns de euros. Subliñou Caballero os permisos concedidos á Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social para realizar obras nun local orzamentadas en medio millón de euros.