Escoitar

Caballero agradece aos traballadores de FCC que Vigo sexa a cidade máis limpa de España

O alcalde de Vigo felicitou esta mañá aos traballadores de FCC durante un acto organizado con motivo do 25 aniversario da empresa na cidade. Caballero aproveitou a ocasión para reiterar o compromiso do goberno local cos empregados que se "esforzan" para que Vigo siga a ser a cidade máis limpa de España.

venres, 12 dec 2014
1418389125fcc.JPG
Abel Caballero agradeceu o "esforzo" de empresa e traballadores de FCC para que Vigo sexa a cidade máis limpa de España, recordando que nos últimos anos a cidade recibiu catro Escobas de Platino, o máximo galardón nacional á limpeza urbana. Nun acto no que se entrogou un recoñecemento a 105 traballadores que levan 25 anos de servizo, Caballero reiterou o compromiso do goberno local cos traballadores, garantido a calidade dos postos de traballo. Caballero estivo acompañado polo delegado de FCC, Guillermo de Cal, e Paulino Santalices, presidente del comité de empresa, ademais dun nutrido grupo de traballadores.

A empresa FCC chegou a Vigo no ano 1989 e hoxe venres celebrou un acto polos seus 25 anos de presencia na cidade. Salientouse durante o mesmo que a compañía comezou a súa etapa en Vigo con 71 traballadores e agora o plantel conta con case 570 empregados, a flota componse de 38 vehículos de recollida, unha fregadora, unha decapadora, 36 vehículos especializados para tareas como limpeza de praias e 14 máis de apoio. Os vehículos, todos con menos de 5 anos de vida, están á vangarda tecnolóxica na súa capacidade de limpeza como na defensa do medioambiente, segundo explicaron os responsables da empresa. FCC recolle anualmente 365 quilos de basura por habitante, en total uns 3 millóns de toneladas ao longo de 25 anos.
Descargar todas as imaxes