Declaración institucional
O Concello homenaxea a memoria dos alcaldes e demócratas fusilados polo fascismo en 1936
martes, 27 ago 2019O Concello de Vigo ofreceu este martes, nos Xardíns da Memoria Histórica do Cemiterio de Pereiró, un homenaxe aos exalcaldes de Vigo e Lavadores, Martínez Garrido e Antela Conde, respectivamente, asasinados polo alzamento do fascismo en agosto de 1936. Asistiron ao acto as fillas do tamén asasinado deputado socialista Antonio Bilbatúa.
Caballero esixe a retirada da candidatura da Illas Atlánticas ao non cumprir os requisitos da Unesco
luns, 26 ago 2019Abel Caballero formalizará a petición de retirada da candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade a través dunha carta que lle enviará ao presidente da Xunta, ao ministro de Cultura e ao Consello de Patrimonio Español. A proposta autonómica, que non reúne os requisitos esixidos pola Unesco, tiña como único obxectivo obstaculizar a candidatura das Illas Cíes, a única proposta solvente.
Enrique Mallón será o pregoeiro en Vigo do Día de Galicia
luns, 23 xul 2018O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns de que Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de industrias Metalúrxicas (Asime), será o encargado de ler o pregón do Día de Galicia en Vigo. O acto celebrarase este martes ás 20:00 horas no Pazo de Castrelos.
Abel Caballero a David Regades: "Temos o mellor delegado de Zona Franca que podíamos ter"
mércores, 18 xul 2018O alcalde de Vigo destacou este mércores na toma de posesión do novo delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca, David Regades, que este organismo "é, e ten que ser, unha gran institución mobilizadora de economía". Abel Caballero incidiu en que este acto ten"un profundo contido persoal, político pero sobre todo de cidade". "É un paso máis na consolidación dun proxecto que pertence a Vigo".
Declaración institucional polo Día Internacional do Pobo Xitano
xoves, 5 abr 2018A sesión deste xoves do Pleno da Corporación deu lectura ao texto, unha declaración institucional promovida pola Fundación Secretariado Xitano co acordo dos tres grupos políticos con representación municipal. A concelleira de Políticas de Benestar, Isaura Abelairas, foi a encargada da súa lectura.
Vigo garda cinco minutos de silencio en "repulsa" do atentado de Barcelona e Cambrils
venres, 18 ago 2017Á iniciativa pola FEMP -presidida por Abel Caballero-, Vigo amosou este venres ante o Concello a súa "repulsa" polo atentado "cruel, inhumano e cargado de odio" de onte en Cataluña e trasladou "unha aperta chea de afecto e cariño ás vítimas, aos feridos e aos seus familiares". "Hoxe todos somos Barcelona", concluíu o alcalde.
Vigo adhírese á Declaración de París para desenvolver accións que poñan fin á epidemia da SIDA
luns, 28 nov 2016O Pleno do Concello aprobou na sesión deste luns 28 de novembro a declaración institucional coa que se suma á declaración de París por unha acción acelerada nas cidades para poñer fin á epidemia da SIDA para o 2030.