luns, 26 out 2026
A Corporación municipal deu luz verde, co cento por cento dos votos, á moción do Grupo Socialista sobre a necesidade de convocar unha mesa de diálogo entre a Xunta de Galicia e a veciñanza afectada polo PIA (Proxecto de Interés Autonómico) en Ofimático-Lavadores.
mércores, 14 out 2026
O Goberno municipal insta á administración autonómica a esgotar todas as vías para garantir os dereitos das familias afectadas por este proxecto autonómico. Logo de manter un encontro cun grupo de persoas afectadas polo PIA, que “teñen razóns de peso”, Caballero instou á Xunta a iniciar un diálogo inmediato con todo as familias, escoitando cal é a situación de cada unha delas e das súas circunstancias para dar unha resposta satisfactoria. Antes de seguir avanzando no PIA, insistiu o alcalde, é preciso que a Xunta chegue a acordos polo que “instamos a convocar inmediatamente ás máis de cen familias afectadas e dar unha resposta positiva a súas demandas”.
venres, 15 mai 2026
Permanecerá aberto ata o 1 de outubro de 2027. O alcalde apuntou esta mañá que o Concello destina 2.150.000 euros para as axudas destinadas a rehabilitar vivendas, así como para elaborar certificados de eficiencia enerxética e contratar seguros. “Son axudas moi importantes para que saian vivendas en alugueiro a prezos razoables ao mercado”, recalcou.
mércores, 13 mai 2026
O alcalde participou na comisión seguimento do programa municipal de intermediación de vivenda que facilita o acceso ao alugueiro a familias con dificultades.
martes, 12 mai 2026
O alcalde participou na primeira xuntanza para avanzar nos traballos co equipo técnico.
luns, 4 mai 2026
O alcalde visitou esta mañá os edificios dos número 2, 4 e 6 da rúa Bueu, no Barrio de Coia que, cun investimento de 550.000 euros, foron rehabilitados dentro do Plan Barrios do Concello de Vigo para realizar obras de mellora en eficiencia enerxética. “Isto é parte do programa de vivenda desde o Concello de Vigo co Goberno de España”, recalcou.
martes, 28 abr 2026
O Concello autorizou en 2025 case o triplo de obras que A Coruña. En Vigo tramitáronse 225 licenzas urbanísticas, fronte ás 79 da cidade herculina. Desde que se aprobou o PXOM o pasado mes de maio, a Xerencia resolveu favorablemente 3.378 autorizacións e obras menores.
venres, 23 xan 2026
O alcalde avanzou que a Xerencia de Urbanismo aprobará a segregación dunha parcela do CEIP Canicouva para construír máis vivenda a prezo taxado.
martes, 23 dec 2025
O alcalde e Manuel Reigosa mantiveron unha xuntanza para abordar cuestións relativas ao convenio entre o Concello e a Universidade. O Concello inviste 45.000 euros e será a UVigo a que leve adiante o desenvolvemento.
xoves, 11 dec 2025
O alcalde recibiu este xoves á ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, que presentou na cidade Casa 47, a nova entidade estatal de vivenda, que publicará unha convocatoria piloto de vivendas en alugueiro, das que 67 estarán en Vigo.