Escoitar

O Goberno estrea en Vigo o programa que ofrecerá 67 vivendas en alugueiro

O alcalde recibiu este xoves á ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, que presentou na cidade Casa 47, a nova entidade estatal de vivenda, que publicará unha convocatoria piloto de vivendas en alugueiro, das que 67 estarán en Vigo.

xoves, 11 dec 2025

Abel Caballero agradeceu a visita da titular de Vivenda e Axenda Urbana, con quen mantivo unha reunión de traballo no Concello e a quen lle trasladou o plan municipal que “encaixa”, apuntou, coa acción estatal e coa que se coordinará para ampliar a oferta de vivenda accesible na cidade. Logo do encontro visitaron o inmoble no que Casa 47 sacará pisos en alugueiro.

A ministra Isabel Rodríguez sinalou a vivenda como un tema central expresando que a maneira de “garantir o dereito á vivenda é cun sistema público que o protexa”. A partir de agora a responsable de facelo será a nova entidade estatal, Casa 47, que publicará unha convocatoria piloto con 171 propiedades antes do Nadal; 67 estarán en Vigo, 67 na zona afectada pola DANA en Valencia e 37 en Mieres, Asturias.

Na cidade olívica o prezo do alugueiro será de 8,8 euros o metro cadrado, un 35% por debaixo do prezo de mercado, e os contratos serán de longa duración (ata 75 anos) empezando cun contrato de 14 con posibilidade de prórrogas suxeitas ao cumprimento das condicións de acceso. O obxectivo do Goberno de España é dar resposta á “maioría dos españois” e non soamente “atender ás persoas máis vulnerables”

Tal e como explicou Isabel Rodríguez, a primeira convocatoria servirá para avaliar o proceso de adxudicación, a demanda e o perfil dos solicitantes para afinar ao máximo o programa.

Descargar todas as imaxes