Escoitar

Abel Caballero: “Resulta intolerable que haxa 11 sedes acordadas para España e a Federación só presente 10”

O rexedor informou esta mañá de que enviou unha carta ao presidente do Consello Superior de Deportes, José Manuel Uribes, e outra ao presidente da Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán.

xoves, 11 dec 2025

“Eu cría que Louzán xa aprendera despois do escándalo polo que pasou a Vigo á posición de non ser candidata, un escándalo que deu a volta ao mundo”, explicou Caballero, afirmando que “agora fai o ridículo presentando 10 candidaturas para 11 prazas. Insólito é único”. Ademais o alcalde afirmou que está disposto a que tamén incorporen Valencia, xa que “teriamos 11 sedes e presentariamos 12 candidaturas porque se cadra cae algunha das que están seleccionadas, e polo tanto, non é malo facer esa presentación”.

O rexedor informou esta mañá de que enviou unha carta ao presidente do Consello Superior de Deportes, José Manuel Uribes, e outra ao presidente da Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán, nas que lles expón a situación na que se encontra a cidade con respecto ao Mundial 2030. Caballero indicou que nesas misivas “o que estamos propoñendo é que nomeen a Vigo entre as cidades candidatas ao mundial diante da FIFA porque a situación é incomprensible”.

Descargar todas as imaxes