Os participantes do programa “Vigo, cidade amiga dos maiores” celebran a súa festa de Nadal
O alcalde informou de que case 10.000 persoas participaron nalgunha das actividades do programa municipal para persoas maiores. Este ano, debido á gran afluencia, a festa celébrase no Auditorio Mar de Vigo.
O rexedor destacou que se trata “dun encontro multitudinario, dunha gran reunión e dunha gran actividade”. O evento, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo debido ao gran número de asistentes este ano, contará con preto de 1.300 persoas maiores acompañadas polas súas familias e amizades.
Durante a celebración farase un repaso das actividades desenvolvidas ao longo do ano no marco deste programa municipal, no que preto de 10.000 persoas participaron nalgún tipo de iniciativa. Abel Caballero destacou algunhas delas, como a mobilización de 35 autobuses para excursións, as sesións de “Bailes en Vigo”, rutas a pé ou os barcos pola ría.