Unha sentenza avala a liquidación do IBI que o Concello xira á concesionaria do Cunqueiro
Unha resolución xudicial avala a actuación municipal ao cobrarlle o IBI á empresa concesionaria do hospital Álvaro Cunqueiro. O importe desta liquidación é de 1,1 millóns.
O xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Vigo vén de dar a razón ao Concello no cobro do IBI á concesionaria do hospital Álvaro Cunqueiro. A sentenza rexeita o recurso da sociedade concesionaria no que se “queixaba” de que a base impoñible do IBI estaba mal calculada. Concretamente, solicitaba pagar só polos espazos no hospitalarios (cafetería, lavandería, aparcamentos...).
A resolución conclúe, dixo Caballero, que a empresa ten a concesión do 100% da construción e explotación de todo o edificio e que a liquidación xirada pola administración local está ben calculada. O alcalde rematou a súa intervención aclarando que o importe desta liquidación ascende a 1.109.000 euros.