Escoitar

O Concello avanza nas obras que permitirán concluír a humanización de San Roque

Abel Caballero explicou que nestes momentos estase a retirar material de fibrocemento da rúa para proseguir cos traballos de humanización que ascenden a case 2 millóns. Con esta actuación culmínase a mellora da rúa na súa totalidade.

mércores, 10 dec 2025

A humanización da rúa San Roque, entre Gregorio Espino e Reiseñor, avanza a “moi bo ritmo”, segundo explicou Caballero. Cun orzamento de case 2 millóns e un prazo de execución de dez meses, estase a mellorar un tramo de 247 m2, aumentando a calidade dos espazos de peóns, garantido a seguridade da circulación e renovando as redes de servizos.

Nestes momentos estase a retirar o fibrocemento e, posteriormente, crearase una nova praza entre as rúas San Roque e Couto de San Honorato, formando unha zona de graderío que envolve o espazo verde. Entre outras actuacións, aumentarase o ancho das beirarrúas, manterase un sentido único de circulación, reservarase aparcamento entre as rúas Talude e a avenida Gregorio Espino, renovaranse redes, mobiliario urbano e instalarase rego automático en todas as zonas verdes.

Tal e como afirmou Caballero, con este tramo culmínase a humanización de toda a rúa San Roque, cun orzamento de 3,3 millóns.

Piscina de Teis

Abel Caballero tamén explicou que o Concello de Vigo volveu a enviar o convenio da piscina de Teis á Deputación de Pontevedra, xa que "había un erro tipográfico, e unha vez correxido, enviouse firmado o xoves día 4". O convenio conta cun importe de case 7 millóns de euros. Ademais, afirmou que "as obras van a toda velocidade porque é posible que se adiante a data de apertura".

Descargar todas as imaxes