Escoitar

Os museos municipais achegan a arte ao alumnado da cidade

O Concello presentou aos centros educativos o programa escolar de museos que inclúe visitas e actividades para amosarlles as coleccións municipais.

mércores, 10 dec 2025

O Pazo de Castrelos acolleu este mércores a presentación do programa escolar de museos que se desenvolve co obxectivo de animar á participación do alumnado nas actividades organizadas nos diferentes espazos: a Pinacoteca, a Casa das Artes, a Casa Galega da Cultura e o propio Museo de Castrelos.

Tal e como explicou o alcalde, desde o mes de outubro os museos municipais contan con actividades adaptadas a tódalas etapas educativas, desde Infantil ata Bacharelato para achegar ao alumnado á arte e ao traballo dos artistas a través das coleccións municipais. “A demanda é moi alta e xa temos cuberto case todo o curso escolar”.

O obxectivo municipal é atender as necesidades educativas do alumnado considerando o museo como espazo privilexiado para a aprendizaxe participativa e o Concello asume o custo do transporte escolar das nenas e nenos.

Descargar todas as imaxes