A reforma de Clara Campoamor incluirá beirarrúas para circular con seguridade
O rexedor cualificou de “magnífica” a actuación que hoxe comezou na estrada Clara Campoamor e que prevé a instalación de beirarrúas para mellorar a seguridade. Os traballos teñen un prazo de execución de 5 meses e un orzamento de case 1,3 millóns de euros.
Abel Caballero deu conta do inicio das obras na estrada Clara Campoamor, entre as rotondas de Ramiro Pascual e do Hospital Álvaro Cunqueiro. Cun importe de case 1,3 millóns e un prazo de execución de 5 meses, a actuación prevé a renovación da calzada e instalación de beirarrúas, unha cuestión “da maior importancia por cuestións de seguridade”. Os traballos incluirán a renovación das redes de servizos, da rede de drenaxe, do abastecemento, da iluminación e da rede de distribución de enerxía eléctrica.
Con esta “magnífica” reforma, indicou, porase fin á actual situación que obriga aos peóns a circular por zonas en situación de risco. Caballero afeou á Xunta que no asuma esta humanización dado que a estrada Clara Campoamor está na área do hospital.