Escoitar

Luz verde aos proxectos de humanización das rúas Tomiño e Soutomaior

A Xunta de Goberno aprobou hoxe o inicio das humanizacións das rúas Tomiño e Soutomaior. O orzamento de ambas actuacións ascende a case un millón de euros, explicou Caballero.

venres, 5 dec 2025

O alcalde deu conta esta mañá da aprobación dos proxectos de humanización das rúas Tomiño e Soutomaior. Cun orzamento de 591.000 euros e un prazo de execución de 4 meses, a actuación prevé a ordenación dos espazos en favor dos peóns, mellorar a accesibilidade con novas beirarrúas, mellorar a seguridade viaria coa renovación co pavimento e firmes, reordenar as zonas de aparcamento e renovación e mellora de servizos como saneamento, abastecemento, alumeado, enerxía e gas, ademais de novo mobiliario urbano.

Soutomaior

Caballero anunciou tamén a remodelación da rúa Soutomaior. Esta actuación conta cun orzamento de 340.000 euros e un prazo de execución de 6 meses. Tal e como explicou, está previsto corrixir os fluxos circulatorios, renovar servizos, mobiliario urbano, xardinería, alumeado e pavimentación. O obxectivo, avanzou, é mellorar a accesibilidade coa eliminación de barreiras arquitectónicas, delimitar as zonas de aparcamento, dar continuidade ás beirarrúas fronte ao parque infantil para mellorar a seguridade así como renovar as redes de saneamento e abastecemento.

 

 

 

Descargar todas as imaxes