Escoitar

O Concello de Vigo investirá 336.000 euros á renovación do céspede artificial de Monte da Mina

Abel Caballero tamén explicou que se realizará a “renovación integra da iluminación” das instalacións deportivas da ETEA, cun importe de 170.547 €.

xoves, 4 dec 2025

“Imos instalar un novo terreo de xogo de céspede artificial de última xeración”, indicou o rexedor vigués para referirse á renovación do tapete do terreo de xogo do campo de Monte da Mina. Caballero explicou que o actual “está moi deteriorado pola actividade deportiva”, polo que se adicarán 336.000 euros. Na Xunta de Goberno de mañá terá luz verde o proxecto, que unha vez ase encontre na fase de traballo necesitará para 60 días para mudalo. Recordou que “máis adiante, renovaremos os vestiarios, que xa estamos cos proxectos” e polo tanto, o Concello de Vigo executará “unha renovación total do campo de fútbol Monte da Mina”.

ETEA

Caballero tamén anunciou esta mañá “unha renovación íntegra da iluminación dos pavillóns deportivos e no campo de fútbol municipal da ETEA”. O proxecto que se aprobará en Xunta de Goberno terá unha inversión de 170.547 €. A substitución implica a instalación de proxectores LED e no caso do Pavillón 2, modificarase a distribución para xerar uniformidade lumínica e evitar deslumbramentos.

 

Descargar todas as imaxes