luns, 1 dec 2025
O rexedor destacou, tras a elevada ocupación da fin de semana, que “seguimos sendo a gran cidade do Nadal de España” na que “temos un número elevadísimo de visitantes dos nosos irmáns portugueses”.
luns, 1 dec 2025
O alcalde avanzou o seu apoio á manifestación que o próximo xoves 4 partirá ás 19,00 h de Praza España. Convocada por SOS Sanidade Pública baixo o lema “Reconstruír a área sanitaria”, esta marcha denunciará, en verbas de Caballero a “deficiente” situación que atravesa a sanidade en Vigo con falta de medios, persoal e organización, a pesar de que os e as profesionais fan un traballo “excepcional”.
luns, 1 dec 2025
O alcalde felicitou ás autoras dunha revista que mostra os canons de beleza impostos ás mulleres en diferentes momentos da historia desde un enfoque de xénero. Esta publicación foi elaborada por tres alumnas do IES de Coruxo.