Escoitar

Caballero eloxia unha revista escolar que revisa de xeito crítico o canon feminino ao longo da historia

O alcalde felicitou ás autoras dunha revista que mostra os canons de beleza impostos ás mulleres en diferentes momentos da historia desde un enfoque de xénero. Esta publicación foi elaborada por tres alumnas do IES de Coruxo.

luns, 1 dec 2025

O Concello de Vigo colaborou co IES Coruxo no maquetado e na impresión de 100 exemplares da revista “Lle Dolce Stil Vecchio”, un “excepcional" traballo escolar sobre a imaxe da muller elaborado por tres alumnas de Bacharelato. Trátase dunha revista que revisa de modo crítico o canon feminino desde a antigüidade ata os nosos días. O traballo destaca pola súa calidade, sendo ademais moi interesante e atractivo visualmente. Este material pedagóxico mostra os canons de beleza impostos ás mulleres en diferentes momentos da historia desde un enfoque de xénero.

A revista será distribuída polo Concello entre os centros de ensino e bibliotecas da cidade como mostra de Boa Práctica no campo da coeducación. As súas autoras son: Sheila Rodríguez González, Silvia del Río Alonso e Amanda Correa, que xa finalizaron en xuño os seus estudos no IES Coruxo.

Descargar todas as imaxes