Escoitar

O rexedor anuncia unha moción para instar ao Goberno galego a establecer a teleasistencia gratuíta

No mes de novembro o servizo municipal, que si que é gratuíto, realizou case 6.000 chamadas a 891 persoas usuarias.

mércores, 3 dec 2025

Abel Caballero anunciou que no próximo Pleno debaterase unha moción para instar á Xunta de Galicia a facer gratuíto o servizo de teleasistencia, “ao igual que o fai o Concello”.

O alcalde fixo balance do servizo no mes de novembro, no que se atendeu a 891 persoas usuarias e se rexistraron 23 novas altas e 7 baixas.

“O perfil máis habitual no servizo de teleasistencia é o dunha muller que vive sola cunha idade entre os 86 e 90 anos, que é capaz de valerse por se mesma e é independente para realizar as actividades básicas da vida diaria. Solicita o servizo para poder residir no seu domicilio con tranquilidade e seguridade”, debullou o rexedor.

No me de novembro o servizo municipal rexistrou case 6.000 chamadas para facer os seguimentos diarios ou semanais, así como a atención a emerxencias, atención a temas de saúde, felicitacións polos aniversarios ou simplemente un saúdo para saber se están ben.

Como vén sendo habitual, o Concello enviou unha comida especial o día dos aniversarios, que en novembro foron de 24 usuarias. Tamén se levaron a cabo tratamentos de podoloxía, salón de peiteado, obradoiros e rutas guiadas polo Castro e Castrelos. “Totalmente de balde”, concluíu Caballero.

Descargar todas as imaxes