Escoitar

VigoCultura pecha o semestre cun éxito rotundo de participación

O programa rematou na última fin de semana de novembro e acolleu actuacións no Auditorio Municipal e na rúa Príncipe reunindo a un total de 10.407 asistentes.

martes, 2 dec 2025

Caballero definiu VigoCultura como “ programa de éxito espectacular e notable” destacando a extraordinaria resposta do público de Vigo. Segundo explicou, ao longo destes meses o Auditorio Municipal acolleu actuacións no Auditorio Municipal e na rúa Príncipe, reunindo un total de 10.407 asistentes. “Ofrecemos 26 espectáculos dirixidos aos diferentes públicos, con temáticas variadas, e practicamente todos estiveron cheos. Isto significa que en Vigo hai unha enorme demanda de actividade cultural”, subliñou o rexedor.

O alcalde avanzou que o vindeiro ano o Concello volverá “abrir o telón do Auditorio Municipal para unha nova edición de VigoCultura”, mantendo a aposta pola programación cultural de calidade.

Caballero lembrou que o programa conta cun importante esforzo público: “Está moi subvencionado, con 350.000 euros ao ano destinados a que as entradas sexan o máis accesibles posibles para toda a cidadanía”.

Descargar todas as imaxes