Escoitar

Concello e Universidade cooperan para a creación dun observatorio da vivenda

Co obxectivo de contar cun diagnóstico rigoroso da situación da vivenda en Vigo, Concello e Universidade impulsan un observatorio que permitirá monitorizar e aplicar as medidas de corrección necesarias.

martes, 2 dec 2025

A Xerencia de Urbanismo aprobou hoxe un convenio coa Universidade que permitirá implementar o Observatorio da Vivenda en Vigo para realizar un diagnóstico constante do mercado. Entre os obxectivos, detallou, destaca o de monitorizar a evolución, ofertar medidas de corrección, coñecer a situación do stock da vivenda na cidade, os usos de solo que compiten co residencial ou a evolución de prezos e da renda dedicada á vivenda.

O convenio, que terá unha vixencia de 4 anos, establece a formalización dunha comisión de seguimento con 4 membros (dous profesores da universidade e 2 membros da administración local). O Concello de Vigo achegará 45.000€ anuais, mentres que a Universidade achegará medios materiais, o coñecemento e os profesionais necesarios para realizar a investigación.

Caballero avanzou que o Concello, ademais, traballa noutras medidas como a construción de vivenda pública ou a compra de inmobles para sacalos ao mercado de alugueiro, entre outras.

 

Descargar todas as imaxes