O alcalde cualifica de “excepcional” o traballo do 010 tras realizar 12.409 servizos en novembro
Caballero destacou que “o servizo do 010 é completamente gratuíto dende o mes de agosto do ano pasado”
O servizo do 010 “é un servizo do Concello de Vigo cun funcionamento excepcional”, sinalou Abel Caballero, destacando que “a cidade sabe, de maneira case xeneralizada e unánime, o ben que funciona”. No pasado mes de novembro, prestáronse dende esta plataforma 12.409 servizos.
Detallando os servizos, o alcalde detallou que 8.493 foron chamadas xerais e as preguntas sobre trámites administrativos, xestións de expedientes ou información suman os 3.916 restantes. “O servizo do 010 é completamente gratuíto dende o mes de agosto do ano pasado”, sinalou Caballero, explicando que “significa que o conxunto da cidade deixará de pagar 77.000 en chamadas ao 010”.