Escoitar

Vigo, escenario de 42 rodaxes neste ano 2025

O alcalde visitou este martes o set de rodaxe da serie “Ágata e Lola” que o grupo Atresmedia está gravando na cidade e apunta a consolidación da cidade como escenario audiovisual.

martes, 2 dec 2025

“Vigo segue sendo un marabilloso plató de rodaxe”, apuntou o rexedor tras visitar o espazo de gravación da serie televisiva “Ágata e Lola”, unha produción de temática policíaca que “vai ser moi interesante” e que continuará na cidade durante cinco ou seis meses máis.

Para Caballero, a cidade tense consolidado como plató de rodaxe de series de televisión, películas, programas televisivos, documentais, videoclips e anuncios publicitarios “o que significa un nivel importante de valor engadido e de emprego que queda en Vigo”, xa que a maior parte dos profesionais de perfil técnico son da cidade, sinalou.

“Vigo avanza en tódalas direccións”, avanzou, e no que levamos de 2025 a cidade acolleu 42 rodaxes, sumando un total de 320 días de traballo: unha longametraxe, catro series de televisión, sete programas de televisión, sete documentais, dúas curtametraxes, dous videoclips e seis anuncios publicitarios.

Descargar todas as imaxes