Escoitar

Abel Caballero entrega os diplomas do programa de formación en Competencias Dixitais

Os cursos foron impartidos no Centro de Formación e Emprego da Rúa Alta, contando cun total de 60 participantes.

mércores, 10 dec 2025

As instalacións do Auditorio Municipal acolleron esta mañá o acto de entrega dos diplomas, correspondentes á realización do programa de formación en Competencias Dixitais. O rexedor vigués felicitou aos 60 participantes polo seu traballo de formación.

Os cursos foron impartidos no Centro de Formación e Emprego da Rúa Alta, e teñen como obxectivo mellorar “as competencias persoais e dixitais de maiores de 65 anos e persoas que poden ter risco de exclusión”, como explicou Caballero, afirmando que “estamos facendo capacitación dixital e eliminando a fenda dixital que hai en tantos lugares e que en Vigo trataremos de que sexa rapidamente pechada”. Cada un dos cursos conta con 12 alumnos e a formación esténdese a un total de 70 horas.

Descargar todas as imaxes