Declaración Institucional con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano
Acabamos de celebrar o 400 aniversario da Constitución Española, unha Carta Magna que
supuxo o recoñecemento formal da plena cidadanía dos xitanos e xitanas fai tan só catro
décadas. A Constitución recolle a igualdade como principio e valor compartido por todos os
españois e inclúe algúns artigos que avalan e permiten a posta en marcha de políticas para
garantir a igualdade de oportunidades, combater a discriminación e promover a participación
de todos os cidadáns e cidadás. Como parte desa cidadanía, o pobo xitano tamén viviu un
proceso de avances sociais que promove ese marco de convivencia e cohesión que supón a nosa
Constitución.
40 anos despois da súa aprobación, podemos felicitarnos polos cambios que promoveu na
comunidade xitana. É innegable que as condicións de vida melloraron; a escolarización dos
nenos e nenas xitanas é unha realidade, e aos poucos cada vez máis mozos e mozas completan
a etapa de educación obrigatoria e continúan estudando na Universidade; o mercado laboral,
aínda que lentamente, vaise abrindo tamén aos xitanos e xitanas; o chabolismo, aínda que
existe, xa é residual; e cada vez contamos con máis mecanismos e recursos para loitar contra o
rexeitamento e a discriminación que sofren as persoas xitanas.
Así todo, a brecha de desigualdade persiste. A comunidade xitana está sobrerepresentada nos
índices de pobreza e exclusión social; as taxas de fracaso e abandono escolar son moito máis
altas entre o alumnado xitano que na media española; a taxa de desemprego da poboación
xitana e o nivel de precariedade no emprego están moi por encima das porcentaxes medias, por
poñer só algúns exemplos. En definitiva, a igualdade de oportunidades non é unha realidade
para unha boa parte da comunidade xitana.
Pero nun día como hoxe, 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano, desde a Fundación
Secretariado Xitano queremos subliñar os avances que se produciron no recoñecemento
institucional do pobo xitano e na progresiva participación de xitanos e xitanas en todos os
ámbitos da sociedade.
Hai un ano, a instancias do Congreso dos Deputados, o Consello de Ministros recoñecía
formalmente o 8 de abril como Día Internacional do Pobo Xitano, unha decisión que comporta
o recoñecemento institucional aos símbolos e á identidade dunha comunidade cunha historia e
cultura propia, asentada en España desde fai case seis séculos, e que sobreviviu a numerosas
persecucións e a un forte rexeitamento e discriminación, que pervive actualmente.
Estamos a ver tamén como algunhas Comunidades Autónomas están a introducir a historia e a
cultura xitana no currículo escolar, saldando así unha débeda pendente, porque a súa ausencia
nos libros de texto contribuíu claramente ao descoñecemento e ao distanciamento, a basear as
relacións en prexuízos e estereotipos negativos sobre a comunidade xitana, herdados dunha
tradición de rexeitamento secular. A nosa campaña de sensibilización "Lección Xitana", que está
a servir para celebrar este 8 de abril en moitos Concellos e Comunidades Autónomas, estápensada precisamente para contribuír a paliar ese descoñecemento, ofrecendo un percorrido
pola historia e a cultura do pobo xitano.
Por outra banda, a instancias do Parlamento Europeo, e nunha iniciativa na que participa a
Fundación Secretariado Xitano, está previsto que se promovan en todos os Estados Membros
da Unión Europea, Comisións da Verdade e Reconciliación para coñecer e visibilizar a realidade
do rexeitamento e a persecución que sufriu o pobo xitano ao longo da súa historia, e reparar o
dano causado á dignidade das persoas xitanas.
Pero é quizais a participación das persoas xitanas en todos os ámbitos da esfera pública onde
estamos a ver grandes avances. Hai poucas semanas viamos no Congreso dos Deputados, ante
a Comisión de Dereitos da Infancia e Mocidade, a Eusebio Montoya, un neno xitano de 12 anos
do barrio madrileño de Vallecas, que participa nos programas da Fundación Secretariado Xitano,
asumir a representación de nenos e nenas das Comisións de Infancia de toda España para
trasladar as súas peticións ao Congreso, tras un proceso de participación infantil para coñecer
os seus dereitos.
O pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha data sinalada para reivindicar o papel
das mulleres en todos os ámbitos da sociedade e poñer en valor a necesidade de garantir a
igualdade de xénero, vimos como as mulleres xitanas fóronse incorporando a este proceso e
súmanse, conscientes dos seus dereitos, á reivindicación dunha sociedade que esixe a igualdade
das mulleres, tamén das mulleres xitanas.
Pero é na participación política onde vemos estes días, previos a varias citas electorais, unha
manifestación dos avances que están a promover os xitanos e xitanas na representación pública.
Os principais partidos políticos con representación parlamentaria están a incorporar nas súas
listas electorais a candidatos e candidatas xitanas, mostrando así, por unha banda, a
heteroxeneidade e a pluralidade ideolóxica dentro da comunidade xitana, pero tamén o valor
que supón en termos de rendibilidade política ter nas súas filas a persoas que representan a
diversidade, persoas que suman, non restan votos, persoas que achegan aos partidos políticos
e á sociedade. A numerosa incorporación de candidatos e candidatas xitanas ás próximas
eleccións xerais, autonómicas e locais é un reflexo real de procesos de participación e cidadanía
do pobo xitano, e supón, sen dúbida, o recoñecemento do valor que achegan, tamén á política.
Neste 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano, desde a Fundación Secretariado Xitano non
podemos máis que alegrarnos destes avances en termos de recoñecemento e participación,
avances que só poden producirse cando as persoas teñen garantidos os seus dereitos sociais
básicos: unha educación de calidade, un emprego decente e unha vivenda digna.
Debemos seguir apostando por políticas, iniciativas e programas que contribúan a asegurar eses
dereitos sociais para todas as persoas xitanas, sen deixar a ninguén atrás, para que poidan
exercer plenamente a súa cidadanía. Por iso é polo que esa ampla representación política da
minoría xitana sexa imprescindible para defender desde os poderes públicos o necesario avance
en dereitos do pobo xitano