Escoitar

O Pleno Municipal de Vigo aproba os días festivos locais para o ano 2020

A Corporación Municipal de Vigo aprobou este mércores na sesión plenaria o calendario de festividades para o vindeiro ano 2010. Cos votos do PSOE e PP, quedaron fixados o 28 de marzo, Día da Reconquista, e o 25 de febreiro, Martes de Entroido, como días festivos locais.

mércores, 4 set 2019
O Martes de Entroido, 25 de febreiro, e A Reconquista, 28 de marzo, serán días festivos en Vigo. Así quedou aprobado este mércores por parte da Corporación no Pleno Municipal ordinario cos votos a favor do PSOE e o BNG, a abstención da Marea e a oposición do Partido Popular.

O concelleiro socialista Carlos Font defendeu o cambio de festividade do día de San Roque, 16 de agosto, pola súa coincidencia en domingo, de forma que a súa celebración sexa o 25 de febreiro. "A metade de Vigo está de vacacións en agosto, polo que se trata de que os vigueses poidan desfrutar da festividade de Martes de Entroido e tamén que sexa un impulso económico para a cidade", dixo antes de lembrar que favorece a conciliación das familias ao ser época non lectiva.

Tanto Rubén Pérez, do grupo mixo da Marea de Vigo, como Xabier Pérez Igrexas, concelleiro adscrito do BNG, avogaron por facer unha consulta cidadá e "aplicar un criterio lóxico", mentres que Alfonso Marnotes, do Partido Popular, reclamou que a festividade pase ao luns, 17 de agosto, como xa se fixo no ano 2015.