Escoitar

O alcalde anuncia a posta en marcha da primeira piscina de auga salgada de Samil esta semana

O Concello inviste 60.000 euros na instalación dun sistema de tratamento da auga nas tres piscinas da praia de Samil de maneira que disporán de auga salgada na última semana de setembro.

martes, 3 set 2019
Segundo explicou o rexedor, a finais desta semana estará funcionando con auga salgada a piscina situada á altura de San Remo, cuxa obra está rematada, mentres continúan os traballos na piscina da zona da Cruz Vermella coa previsión de que estea dispoñible a próxima semana e, por último, o goberno municipal actuará na coñecida como ría de Vigo, de xeito que a finais de setembro as tres piscinas de Samil terán auga salgada.

Logo da instalación dun sistema de tratamento da auga e dun "investimento significativo de 60.000 euros, as piscinas gratuítas de Samil serán de auga salgada, con socorristas e en condicións" de ser gozadas pola cidadanía, engadiu.