Escoitar

O Concello inaugurará o domingo a reforma do campo de fútbol Baltasar Pujales de Bouzas

O alcalde de Vigo informou de que xa finalizaron as obras do campo de fútbol Baltasar Pujales e que o Rápido de Bouzas inaugurará as novas instalacións o domingo no partido de competición oficial ante o Choco. Ademais, explicou que esta semana licitáronse as reformas nos campos do Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma.

venres, 30 ago 2019
Abel Caballero informou este venres en rolda de prensa de que o vindeiro domingo será inaugurado o campo de fútbol Baltasar Pujales co partido oficila entre o Rápido de Bouzas e o Choco (19:00 horas). O alcalde tamén lembrou que esta semana foron licitadas as obras nos terreos de xogo do Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma.

O convenio entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra permitiu investir, segundo explico o rexedor, un total de 367.000 euros nos traballos para cambiar o céspede do Baltasar Pujales, así como un novo sistema de alumeado con eficiencia enerxética LED e unha caldeira de biomasa.

O rexedor lembrou que este mes xa foi inaugurada a reforma do campo da Bouza, en Coia, e que tamén están en funcionamento despois das obras os de Navia, Meixoeiro e Candeán.

Amfiv e Balonmán Lavadores
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou as subvencións aos Club Amfiv pola organización do da Copa de Europa de baloncesto en cadeira de rodas por un importe de 30.000 euros e tamén á Unión Balonmán de Valadares por valor de 22.000 euros pola fase de ascenso á División de Honra Plata Masculino.

Porta do Sol
Por outra banda, o goberno local tamén deu o visto e prace en Xunta Local á contratación do servizo de coordinación e saúde de obras do proxecto de soterramento do tráfico rodado da Porta do Sol e humanización e transformación peonil da actual rede viaria por un importe de 12.000 euros. Ademais, pasou pola mesa de contratación a humanización da Porta do Sol.