Escoitar

O equipo da EVAP da Policía Local atendeu en 2018 a 141 vítimas de violencia de xénero

O Equipo de Vixilancia e Apoio Policial (EVAP) de Vigo atendeu en 2018 a un total de 141 vítimas de violencia de xénero e desde que está en marcha, no ano 2006, prestou asistencia a 1.480 persoas e xestionado máis de 3.000 ordes de afastamento.

xoves, 29 ago 2019
O Equipo de Vixilancia e Apoio Policial (EVAP) de Vigo atendeu en 2018 as necesidades de 141 vítimas de violencia de xénero e desde a súa creación en 2006 a unidade prestou asistencia a 1.480 vítimas de violencia na cidade e xestionou máis de 3.000 ordes de afastamento de agresores.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves en rolda de prensa de que o equipo policial controlou o pasado ano unha media de 162 vítimas, realizou 591 oficios xudiciais sobre control e xestionou 26 quebrantamentos.

Respecto ás vítimas, o 36 por cento teñen entre 30 e 39 anos, mentres que o 31% son de entre 20 e 29 anos e o 20% de entre 40 e 49 años.