Escoitar

O Concello apoia o evento solidario Fútbol por NUPA que se celebrará este sábado no Vao

Este sábado (20:00 horas, O Vao) vai xogarse un partido amistoso entre actores, xornalistas e futbolistas veteranos baixo o nome de Fútbol por NUPA, que pretende obter fondos para unha organización sen ánimo de lucro nacida en 2006 que dá asistencia integral ás familias de nenos con transplante multivisceral, fallo intestinal e/ou nutrición parenteral, pero tamén a adultos que se atopan na mesma situación.

martes, 3 set 2019
1567527720partido.JPG
Abel Caballero, alcalde de Vigo, presentou o evento e explicou que é "unha acción extraordinaria, chea de valores, sensibilidade e deporte" na que o Concello tamén colabora cos organizadores, Manuel Garrido e Marcos Basadre, xunto co Coruxo FC, que cede o campo.

Dende NUPA agradeceuse o "exemplo de solidariedade e compromiso" de Vigo para dar visibilidade a esta enfermidade. Tres nenos, Álex, Natalia e Martín, fixeron entrega dun agasallo ao alcalde.  
Descargar todas as imaxes