venres, 6 setembro 2019

Concello e Ceetrus cofinanciarán o ascensor que unirá García Barbón coa Estación do AVE

A Xerencia de Urbanismo dará conta a próxima semana dun convenio de colaboración entre o Concello e a división inmobiliaria do grupo Auchan -adxudicataria da construción da nova estación do AVE – para financiar ao 50% o proxecto básico do ascensor - pasarela que unirá García con Vía Norte. Cun orzamento aproximado de 200.000 euros, a previsión é que o proxecto estea rematado a principios de 2020.

O alcalde aborda o financiamento municipal co presidente da Deputación da Coruña

venres, 6 set 2019

Abel Caballero mantivo un encontro este venres co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, tamén alcalde de As Pontes, no que trataron cuestións relacionadas co financiamento tanto dos concellos como das deputacións, coa vista posta nas perspectivas económicas e coa intención de seguir mantendo o contacto no futuro sobre o financiamento dos Concellos.

Vigo marca un novo récord de ocupación hoteleira durante o mes de agosto

venres, 6 set 2019

O alcalde de Vigo ofreceu este venres os datos de afluencia turística rexistrados o mes de agosto, cando a cidade bateu un novo récord de ocupación hoteleira cun 88,54 por ciento. "É un gran ano e un gran mes de agosto, batendo récords, o mellor resultado da historia turística da cidade en un mes tan importante, a nosa vocación turística estase a afianzar", sinalou.

O Mar de Vigo acolle a actuación de Mi Capitán

venres, 6 set 2019

A terraza do Auditorio acollerá este sábado (20:30 horas) o concerto do grupo Mi Capitán como epílogo das festas de verán. A entrada é gratuíta ata completar o aforo. O mesmo escenario xa acolleu a semana pasada as actuacións de Pedro Guerra e Uxía, o pasado 29 de agosto, e o de Mikel Erentxun), o día 31.

Vigo optará a acoller o Día Marítimo Europeo en 2025

venres, 6 set 2019

O alcalde e o director da Axencia Europea de Control de Pesca en Vigo, Pascal Savouret, acordaron hoxe nunha reunión solicitar a celebración da data para que a cidade asuma o protagonismo en toda Europa dunha xornada dedicada a estudar, vivir e coñecer o mar. Así, o rexedor avanzou que enviará a petición por carta aos ministerios de Exteriores e de Pesca para que Vigo sexa a sede do Día Marítimo Europeo.