Escoitar

O Mar de Vigo acolle a actuación de Mi Capitán

A terraza do Auditorio acollerá este sábado (20:30 horas) o concerto do grupo Mi Capitán como epílogo das festas de verán. A entrada é gratuíta ata completar o aforo. O mesmo escenario xa acolleu a semana pasada as actuacións de Pedro Guerra e Uxía, o pasado 29 de agosto, e o de Mikel Erentxun), o día 31.

venres, 6 set 2019
O alcalde de Vigo informou este venres da celebración o último dos tres concertos organizados polo Concello de Vigo na terraza do Auditorio Mar de Vigo a modo de un simbólico fin de verán.

Nesta terceira entrega, a noite do sábado 7 de setembro (20:30), soará a música indie de MI Capitán. Tal e como explicou o rexedor, todas as actuacións -financiadas polo Concello a modo de epílogo das festas do verán- son gratuítas, previa retirada de invitación, ata completar aforo.