O Concello forza a mellora do investimento do Consorcio na rehabilitación do Casco Vello
Segundo informou a concelleira María José Caride, o Pleno celebrado esta mañá aprobou o orzamento de 2020 cun acordo para aumentar o investimento do Concello e da Xunta de Galicia co fin de mellorar o plan rehabilitador da entidade.
A sesión plenaria celebrada esta mañá deu o visto e prace, tal e como estaba na orde do día, á rescisión do dereito de superficie de Down Vigo sobre un edificio do casco vello, dando resposta ao escrito presentado por Zona Franca no que manifesta a súa intención de rehabilitalo e cedelo á entidade. Así, tal e como explica a edil de urbanismo, "solicitóuselle ao Consorcio que inicie os trámites para a cesión ou compra do mesmo o máis rápido posible para poder comezar os traballos de construción" que cumpren, apuntou, un dobre obxectivo "a rehabilitación e dar resposta a unha entidade social".
Ademais, o Pleno do Consorcio do Casco Vello de Vigo aprobou os orzamentos para 2020 con dúas condicións: que tanto Concello como Xunta de Galicia acheguen recursos adicionais á entidade para facer fronte aos gastos correntes – 200.000 euros e 22.222 respectivamente- o que "permite liberar recursos para rehabilitar o edificio situado en Berbés 29, promovendo unha mellora no estado financeiro da entidade".
Amais María José Caride sinala que, dado que a función rehabilitadora do Consorcio se viu debilitada pola escaseza de recursos, o Concello puxo como condición que se revise o plan de actuacións ata o ano 2024 para impulsar a rehabilitación e contemplar novas actuacións con recursos adicionais que debe poñer a Xunta de Galicia ao 90% e o Concello ao 10%, tal e como recollen os estatutos da entidade. Para a concelleira de urbanismo, "isto dá resposta á petición do alcalde ao presidente da Xunta de achegar 5 millóns de euros para financiar o impulso rehabilitador do Consorcio, para o que o Concello tiña comprometidos 500.000 euros, de xeito que poidamos no prazo razoable do plan de actuacións ter un impulso decidido á rehabilitación no Casco Vello de Vigo".