Alumnado do Colexio Monterrey percorren os escenarios da Reconquista do programa municipal "A Máquina do Tempo"
As rúas chave onde se desenvolveu en 1809 a Reconquista de Vigo foron percorridas este luns polos 50 alumnos do Colexio Monterrey que participan na actividade municipal "A Máquina do Tempo-Reconquista 2024". Os estudantes foron recibidos no Concello polo alcalde Abel Caballero, quen lles animou a mellorar o coñecemento da historia e a participar activamente no roteiro histórico que seguiron os vigueses do século XIX para recuperar á cidade do dominio das tropas francesas. O Concello de Vigo achega a Reconquista a preto de 1200 escolares de 5ª e 6ª de Primaria.
