Escoitar

Sorteadas no Pleno a composición das 372 mesas electorais dos comicios europeos do 9 de xuño

O pleno da Corporación Municipal de Vigo celebrou este luns a sesión protocolaria do sorteo para formar as 372 mesas dos 80 colexios electorais conformados en Vigo con motivo das eleccións europeas do próximo 9 de xuño. O censo electoral ascende a 236.826 persoas.

luns, 13 mai 2024

O Pleno do Concello de Vigo celebrou este luns o sorteo para elixir aos presidentes e vogais das mesas electorais que se constituirán para os comicios europeos do próximo 9 de xuño. Os membros a elixir para as mesas suman 3.348 persoas.
A partir de agora ábrese un prazo de tres días de notificación ás persoas seleccionadas.

A Corporación seguiu o procedemento establecido polo que os edís do PSOE, PP e BNG dixeron, por quenda, en voz alta e ao azar un número entre o 1 e o 999. Deste xeito, determinaron 9 cifras iniciais e outras 3 adicionais para suplentes ante posibles renuncias.

Un programa informático fixa ao azar, cos números determinados no pleno, aos elixidos en cada unha das 372 mesas despregadas en 80 colexios.

Descargar todas as imaxes