Escoitar

As escolas municipais de Música e Teatro presentan o espectáculo “Lingua guapa”

O Auditorio Municipal acollerá o xoves 16 de maio “Lingua guapa”, un espectáculo froito da colaboración das escolas municipais de Música e de Teatro que se representará ás 20,00 h. O acceso é gratuíto previa invitación, tal e como explicou hoxe o rexedor.

luns, 13 mai 2024

As escolas municipais de artes escénicas de Vigo presentarán o xoves 16 de maio o espectáculo “Lingua guapa”, unha obra próxima ao musical con textos en galego, múltiples estilos musicais, escenografía, vestiario, iluminación, coreografía, actores, cantantes, coro e grupo instrumental. A representación comezará ás 20,30 h no Auditorio Municipal con acceso gratuíto, previa invitación que se pode recoller a Escola Municipal de Teatro desde hoxe luns ata o mércores 15 de maio, en horario de 17,00 a 20,30h. Na billeteira tamén se poden recoller entradas quince minutos antes do pase, sempre que haxa localidades dispoñibles.

Descargar todas as imaxes