martes, 14 mai 2024
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo desenvolve, desde hoxe ata o vindeiro sábado 18, o programa deseñado para conmemorar o “Día Internacional dos Museos”, que este ano ten como lema “Museos pola educación e a investigación”. Entre as actividades destacadas atópase a proxección, por primeira vez en España, das catro curtametraxes documentais do cineasta e músico vigués Eduardo Soutullo, premio Nacional de Música 2023, segundo puxo en valor hoxe o alcalde.
martes, 14 mai 2024
O rexedor recibiu na tarde de onte ás xogadoras e corpo técnico da Asociación Deportiva Balonmán Carballal tras o seu ascenso á División de Honra Ouro Feminina.
martes, 14 mai 2024
O alcalde deu o pistoletazo de saída á cuadraxésima edición do Gran Premio Cidade de Vigo de atletismo en pista, que se disputará o Días das Letras Galegas (17 de maio, 17:30 horas) nas pistas de Balaídos con cinco probas, tres masculinas e dúas femininas, de carácter internacional.
martes, 14 mai 2024
Abel Caballero trasladou este martes a 40 alumnos do Colexio Quiñones de León a importancia de "coñecer ben a historia da cidade" e de gozar coa actividade organizada polo goberno local: "A Máquina do Tempo- Reconquista 2024". Os escolares percorreron as principais rúas onde en 1809 a cidadanía viguesa protagonizou a expulsión das tropas francesas de Napoleón. A iniciativa didáctica municipal aproxima un dos principais episodios históricos de Vigo a 1.200 estudantes de 5ª y 6ª de primaria.
martes, 14 mai 2024
Alumnado do centro percorreu este martes as dependencias dos principais servizos do Concello de Vigo para coñecer o funcionamento e as actividades que desenvolve a administración local. Os 50 estudantes que participaron no programa municipal "Coñece ou teu Concello" foron recibidos polo alcalde. Abel Caballero trasladoulles a importancia das decisións que se adoptan na Casa do concello, ademais de responder ao interese dunha das alumnas polo río Lagares.