O alcalde felicita aos axentes da Policía Local que realizaron unha intervención de risco

venres, 24 mar 2023

Abel Caballero recibiu este venres a cinco axentes que veñen de desenvolver unha actuación policial con perigo para a súa integridade física ao tratarse dunha tentativa de homicidio na que detiveron a catro persoas e na que se interviñeron drogas e atoparon unha gran cantidade de obxectos nunha vivenda, posiblemente subtraídos. O rexedor agradeceu o labor da Policía Local e puxo en valor a profesionalidade e rapidez dos axentes na súa intervención.

Vigo renova o protocolo de adhesión ao sistema VioGen para a protección de mulleres vítimas de violencia de xénero

luns, 13 mar 2023

Concello e Subdelegación do Goberno subscribiron de novo o protocolo de colaboración entre a Policía Nacional e a Policía Local no marco do programa de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Género. Unha vez máis, o alcalde avogou por seguir coa “total cooperación” entre estes corpos de seguridade, “somos un referente que se usa de exemplo en moitos puntos de España”.

O rexedor recibe ao novo xefe da Brigada Galicia VII

luns, 27 feb 2023

O alcalde recibiu esta mañá na Alcaldía a Alfonso Parde Santayana, novo xefe da Brigada Galicia VII quen chegou acompañado por Pablo Ponce de León, xefe de protocolo da Brilat. No transcurso do encontro, ademais de darlle a benvida ao seu cargo, pasaron revista a diferentes cuestións relacionadas coa seguridade de Vigo.

Vigo terá en 2024 un novo parque de bombeiros

martes, 24 xan 2023

O Concello comeza as obras do novo parque de bombeiros que estará situado en Tomás Alonso. O investimento é de case 3 millóns de euros e o novo emprazamento para os bombeiros estará rematado no prazo dun ano. “É un edificio 5.0”, dixo Caballero en rolda de prensa.