O Concello de Vigo pon en marcha un protocolo para minimizar riscos de accidentes por xeadas na calzada
Abel Caballero explicou que “as noites do venres 21 e do sábado 22 prevense temperaturas moi baixas, as mínimas van estar ao redor dos 4 graos”.
O obxectivo deste protocolo é “garantir a seguridade viaria” no termo municipal mediante a inspección, identificación e redución dos riscos ocasionados pola presenza de placas de xeo na calzada durante os períodos de baixas temperaturas. O rexedor avanzou que a Policía Local vai inspeccionar e vixiar as zonas vulnerables que conteñen puntos críticos ante esta meteoroloxía como son:
- Beade – Balde
- Estrada Bembrive (curva tras a subida de San Cibrán e curva próxima ao río Eifonso)
- Estrada da Vía (curva próxima ao viaduto AP-9, en sentido Avda. Aeroporto).
- Estrada Freixo coa ponte da VG20
- Matamá - Pazo Nº 152
- Avda. Ponte con rúa Alza
- Estrada Sobreira con estrada Porto
- Estación de Ferrocarril en Areal
- Rotonda da Praza España
- Rotonda do Milladoiro con Baixada Castaño
- Travesía de Vigo - Nº 152
- CUVI (Rotonda Horizonte para o Sol)
- Areal - Zona da Comandancia
Caballero tamén explicou que “se vai esparexer sal cada vez que sexa preciso”. Nestes puntos críticos con xeo, establecerase un control temporal do tráfico, redirixindo a circulación se fose necesario, ata que os riscos se minimicen.