O Concello mantén ata o sábado 22 de novembro o dispositivo municipal do frío para as persoas sen teito
O Concello mantén activo desde onte, ata o sábado 22 de novembre, o dispositivo de frío para facilitar unha praza de pernocta ás persoas sen recursos ante o descenso dás temperaturas por baixo de nove graos e a activación de alertas laranxa ou vermella. “Todo o mundo ten unha habitación para durmir”, afirmou hoxe o alcalde de Vigo.
Abel Caballero explicou hoxe que o operativo para afrontar as baixas temperaturas despregado polo Concello percorre a cidade para ofrecer a todas as persoas sen teito refuxiarse no albergue municipal, así como no de Teis e, no caso de que todas as prazas estean esgotadas, en distintos hostais.
Durante a primeira xornada 3 persoas foron atendidas no albergue municipal, outras 3 foron atendidas no de Santa Cruz, 1 pernoctou na Dignidade e 13 persoas están aloxadas en hostais.
“Seguimos movéndonos pola cidade para que os que non queren irse a sitios pechados teñan mantas, bebidas quentes e atención contínua a través da rede do frío”, sinalou o alcalde.