O Concello instala a pasarela do ascensor de Juan Ramón Jiménez
O Goberno municipal avanza na construción do novo ascensor da rúa Juan Ramón Jiménez, entre Marqués de Valterra e Torrecedeira, coa colocación das tres pasarelas que darán acceso á cabina.
O alcalde adiantou o “avance moi importante” que experimenta o novo elemento do programa Vigo Vertical co inicio da instalación da pasarela, que está conformada por tres pezas, dúas xa están instaladas e a terceira colocarase nas próximas horas, entre hoxe e mañá.
O novo ascensor exterior e acristalado salvará un desnivel de 11 metros da rúa Juan Ramón Jiménez, entre os números 37-39 de Marqués de Valterra e a rúa Torrecedeira. Ademais, a rúa será humanizada con renovación de beirarrúas, pavimentación e redes de pluviais e rega.
É o segundo ascensor da zona, que continúa a execución dun dos corredores do programa Vigo Vertical entre o Auditorio Mar de Vigo e Hispanidade tras o outro elevador de Marqués de Valterra a Torrecedeira pola rúa Instituto Oceanográfico amais do que conecta Torrecedeira e Pi y Margall polo Parque Camilo José Cela. O corredor complétase cos ascensores que comunican Menéndez Pelayo con Camelias, Camelias con Romil (en proxecto) e Romil con Hispanidade, que está en en obras.