luns, 17 novembro 2025

Así viviu Vigo o acendido e a primeira fin de semana de Nadal

Con máis de 120 persoas acreditadas para retransmitir o Nadal, desde o sábado Vigo volve brillar con case 12 millóns de luces led en 460 rúas e prazas. O acto de acendido encheu a Porta do Sol e a zona céntrica con milleiros de persoas que non quixeron perderse o inicio deste evento que o ano pasado superou 6,3 millóns de visitas e que deixa un retorno económico de entre 500 e 1.000 millóns de euros na cidade. A ocupación hoteleira esta primera fin de semana foi do 86%. O alcalde saudou ao mundo desde a icónica árbore de Nadal, apoiou ao pobo de Palestina e reivindicou a ilusión da mocidade. Tamén no seu discurso louvou a cultura do Nadal, que os municipios agora se sumen a esta celebración e invitou á cidadanía a achegarse a Vigo nestas datas.

O alcalde felicita á hostalería viguesa que elabora "as mellores tapas do mundo"

luns, 17 nov 2025

Abel Caballero participou este luns na entrega dos premios da XI concurso de tapas O Petisquiño na que Nikko Espacio Gastronómico se alzou co premio á mellor tapa e na que se recoñeceron varias das propostas dos 32 establecementos que participaron nesta edición, que organiza Feprotur. O rexedor felicitou a tódolos participantes e puxo en valor o seu traballo co que "facedes felices ás persoas e sodes artífices da amizade" e trasladou os seus parabéns á organización polo labor desenvolvido.

O Concello esixe á Xunta que encargue de inmediato as dúas válvulas da presa de Eiras que se atopan en mal estado

luns, 17 nov 2025

O Concello esixirá aos responsables da Xunta que repoñan “de forma inmediata as válvulas das tomas de auga da presa de Eiras que están en mal estado”. O alcalde avanzou que na reunión de mañá coa administración galega, na que tamén participará Aqualia, a administración municipal reclamará á Xunta que "levante o teléfono" para encargar as dúas pezas e, se non, que devolva a presa ao Concello .

Vigo é a cidade máis feliz da provincia segundo o Spain Happy Index 2025

luns, 17 nov 2025

Abel Caballero fíxose eco esta mañá do estudo do Spain Happy Index 2025, que sinala que " Vigo, é o concello máis feliz da provincia de Pontevedra". Como explicou, trátase dunha "empresa tecnolóxica que identifica as cidades, o benestar, a calidade de vida, todos os efectos que inciden na felicidade", e engadiu que "tamén sabemos que segundo outros índices somos a cidade máis feliz de España".