Escoitar

O Goberno apoia a campaña da ONG "Vida Digna" para facilitar xoguetes aos nenos de familias vulnerables

O alcalde e a concelleira de Política Social presentaron hoxe, co responsable da ONG “Vida Digna”, a campaña de Nadal para facilitar xoguetes aos nenos de familias vulnerables. En 2025 máis de 600 menores contaron cos agasallos proporcionados pola cidadanía de Vigo. A organización fai un chamamento á participación solidaria para seguir axudando aos máis pequenos.

venres, 14 nov 2025

A concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, destacou este venres o labor social e o traballo que desenvolve a ONG “Vida Digna” en Vigo para apoiar aos colectivos máis desfavorecidos, á vez que animou á cidadanía para participar na campaña de recollida de xoguetes “para materializar as ilusións” dos máis pequenos. Reiterou o apoio do Concello á organización que pon en marcha a campaña “Digna” para conseguir o maior número de “colaboradores” para recoller xoguetes, como para o resto das iniciativas que desenvolven.

Ricardo Misa, responsable da ONG, expresou a confianza en repetir este ano a colaboración dos vigueses na campaña “Ilusiónate con Digna”.

O día 24 de novembro o Centro Comercial Vialia será punto de encontro para a colaboración.

Descargar todas as imaxes