venres, 14 novembro 2025

O Pleno aproba inicialmente o orzamento de 2026, con 44 millóns para modernizar barrios e parroquias

venres, 14 nov 2025

A Corporación Municipal de Vigo aprobou hoxe inicialmente o décimo noveno presuposto consecutivo do goberno presidido por Abel Caballero, cos votos a favor do Grupo Municipal Socialista e a oposición dos edís do PP e do BNG. "Se do PP e do BNG se tratase, Vigo estaba parado. O orzamento é magnífico, excepcional", afirmou o alcalde ao remarcar que ningunha cidade de España foi capaz de aprobar 19 orzamentos consecutivos. "En Vigo, algún goberno con maioría non conseguiu aprobar os orzamentos e nós, en 19 anos, 19 orzamentos, e isto é o máis importante do que acaba de suceder hoxe na cidade", incidiu.

A cidade estrea a remodelada praza do Paseo de Alfonso

venres, 14 nov 2025

Abel Caballero visitou esta mañá a apertura da nova praza do Paseo de Alfonso. Explicou que "está xusto detrás da fonte que hai en fronte á oliveira e é unha zona que ata agora estaba bastante maltreita", polo que "no encontro do Paseo de Alfonso coas escaleiras que suben cara ao Concello, reformamos toda a fachada; acondicionamos a zona e, polo tanto, onde había antes uns locais bastante deteriorados, agora convertémolo nunha zona de ámbito cidadán".

O Concello desprega a pancarta do 25N, que denuncia a escravización e explotación das mulleres

venres, 14 nov 2025

A fachada principal do Concello mostra desde hoxe a pancarta xigante coa mensaxe central do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres: "Rachemos as cadeas que nos oprimen". A despregadura da lona contou coa presenza do alcalde e das concelleiras do Goberno de Vigo, así como das compoñentes do Consello Municipal da Muller. Durante o mes de novembro o Concello desenvolve un extenso programa de actividades culturais e de reflexión, que concluirán o día 28 de novembro.

O Goberno apoia a campaña da ONG "Vida Digna" para facilitar xoguetes aos nenos de familias vulnerables

venres, 14 nov 2025

O alcalde e a concelleira de Política Social presentaron hoxe, co responsable da ONG “Vida Digna”, a campaña de Nadal para facilitar xoguetes aos nenos de familias vulnerables. En 2025 máis de 600 menores contaron cos agasallos proporcionados pola cidadanía de Vigo. A organización fai un chamamento á participación solidaria para seguir axudando aos máis pequenos.

O bus urbano de Vigo proxectará nas súas panatallas a campaña de UNICEF baixo o lema “Acéndete polos dereitos da infancia”

venres, 14 nov 2025

O Concello de Vigo e a empresa concesionaria do transporte público urbano súmanse un ano máis á campaña de UNICEF con motivo do Día Mundial da Infancia, que se celebra o 20 de novembro en todo o mundo. Baixo o lema “Acéndete polos dereitos da infancia”, a iniciativa busca mobilizar á sociedade en favor dos nenos e nenas, iluminando a súa realidade e reivindicando os seus dereitos fundamentais: crecer sans, ir á escola, vivir protexidos e ter igualdade de oportunidades. Durante toda esta semana, proxectarase nas pantallas dos seus autobuses a imaxe da campaña, contribuíndo a dar visibilidade ao traballo de UNICEF e a sensibilizar á cidadanía viguesa sobre a importancia de defender os dereitos da infancia tamén desde o ámbito local. Este ano, UNICEF centra a súa mensaxe na loita contra a desnutrición infantil, unha realidade que afecta a millóns de menores en todo o mundo e que limita a súa capacidade para aprender, medrar e resistir enfermidades. A organización presta servizos de detección temperá e tratamento a millóns de nenos e nenas e promove solucións sinxelas que salvan vidas, como os sobres de alimento terapéutico listo para consumir.