A XII edición de "Vigo Cidade de Cor" suma once novos murais
O Concello lanza a XII edición do certame “Vigo cidade de Cor” coa incorporación de 11 novos murais, en medianeiras e outros espazos públicos da cidade, que se sumarán aos 190 xa pintados
Abel Caballero avanzou hoxe que as 11 novas creacións artísticas do programa municipal de murais contará coa participación de artistas urbanos de recoñecido prestixio, ademais dos creadores que presenten a súa proposta e que será valorada por unha comisión técnica.
Con máis de 200 murais en 2026, o alcalde asegura que Vigo vai converterse na cidade do mundo co maior número de creacións de arte urbana. “Unha gran dimensión de cor que asolaga a cidade de Vigo”, afirmou.