O alcalde confirma o acendido para o sábado e se chove “levaremos paraugas de cores para facer xogo coas luces”
O rexedor sinalou que “estamos a facer seguimento” das posibilidades de chuvia e desvelou que “será arredor das 8 da tarde” pero “buscaremos o momento de menos choiva”.
“O vindeiro sábado día 15 imos facer o acendido do Nadal da árbore xigante da Porta do Sol e do conxunto da iluminación da cidade de Vigo”, explicou Caballero, afirmando que a partir dese momento “arranca o Nadal neste planeta” e, sobre a posibilidade de que chova apuntou que "estamos a facer seguimento”.
Caballero tamén desvelou que o evento será “arredor das 8 da tarde, pero a hora exacta vouna dicir o venres, o día anterior, para buscar o momento de menos chuvia na contorna das 8 da tarde”. Así, ante a previsión de choiva convidou á cidade a "levar paraugas de cores para facer xogo coas luces do Nadal de Vigo. Imos facer un acendido magnífico e espléndido”.