Escoitar

Abel Caballero: “A construción da nova piscina de Teis leva moi bo ritmo”

O rexedor explicou que a piscina terá un custo de “case 7 millóns de euros” e será “practicamente unha piscina nova”.

martes, 11 nov 2025

"A construción da nova piscina de Teis leva moi bo ritmo” comezou Abel Caballero, relatando que se están realizando “traballos de reforzo de estrutura, demolicións de interiores e execución do saneamento, coa instalación de arquetas e sumidoiros”. O rexedor explicou que posteriormente continuarase “cunha reforma integral certamente excepcional” que dará lugar a unha piscina nova.

Caballero recordou que terá un custo de “case 7 millóns de euros” e sinalou que a firma do convenio coa Deputación aínda non se realizou porque “a lei obriga a facer unha sinatura telemática e a Deputación di que non, que queren aquelas vellas sinaturas tradicionais”. Co sistema telemático “propómoslle facela mañá mesmo” porque ambas entidades contan co convenio completamente redactado.

 

Descargar todas as imaxes